Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44202

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (183/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 183/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Javier Barreiro Millán contra a empresa Nueva Despensa, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Fernando Javier Barreiro Millán contra a empresa Nueva Despensa, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 9 de xaneiro de 2012 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de vinte e dous mil catrocentos noventa e cinco euros e sesenta e nove céntimos (22.495,69 €), e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil trescentos trinta e tres euros e trinta céntimos (12.333,30 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nueva Despensa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial