Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (54/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis López Villar contra Mawerpur, S.L. e o Fogasa, en reclamación por ordinario 54/2010, acordouse notificar a Mawerpur, S.L., en ignorado paradoiro, a parte dispositiva da sentenza ditada:

«Resolvo:

Que estimando a demanda interposta por José Luis López Villar contra a empresa Mawerpur, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de cinco mil trinta e tres euros e trinta e seis céntimos (5.033,36 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se for recorrente a empresa demandada, deberá demostrar, exhibindo ante este xulgado o comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto, cuxa consignación en metálico se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; débese tamén acreditar na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer; sen este requisito non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de citación a Mawerpur, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial