Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (83/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 83/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Boulevard Venezia, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Boulevard Venezia, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, declarando a responsabilidade directa da empresa aquí codemandada e condenándoa a lle reintegrar á demandante a cantidade de mil oitenta e sete euros con vinte céntimos (1.087,20 €) como consecuencia das prestacións derivadas dos procesos de IT por continxencia profesional.

Debo absolver e absolvo o INSS e a TXSS das pretensións formuladas contra elas, xa que non lles alcanza ningunha responsabilidade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Boulevard Venezia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial