Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1244/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1244/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Concepción Trigo Castro contra a empresa Mommada Textil, S.L., administración concursal e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Fallo que estimando a demanda interposta por Teresa Concepción Trigo Castro contra a empresa Mommada Textil, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31 de outubro de 2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizala pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de vinte e un mil trescentos corenta e nove euros e cincuenta céntimos (21.349,50 €), e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución, tendo en conta que ascenden a nove mil sesenta e nove euros e corenta céntimos (9.069,40 €).

Así mesmo, absolvo a administración concursal da empresa Mommada Textil, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo das súas respectivas responsabilidades conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, a consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mommada Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de novembro de 2012

A secretaria xudicial