Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 8 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación San Mamede, a favor dos veciños da parroquia de Sobreganade, no concello de Porqueira.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar no 14 de marzo de 2012, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Porqueira.

Denominación do monte: San Mamede.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Sobreganade.

Superficie total: 108,6238 ha aproximadamente.

A superficie en clasificación, segundo informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nos seguintes predios:

– Predio 1. Superficie: 2,22 ha. Coñecido o sitio como Vivián. Sito ao N do lugar de San Mamede, formado pola parcela catastral 1022, e seguindo o sentido das agullas do reloxo, coas seguintes

Estremas:

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 1027, comunal do Concello, lugar de Sabucedo; parcela 1026, de Agripina Rodríguez Rodríguez; parcela 1025, de Hortensia Martínez Rodríguez; parcela 1024, de Antonio Vázquez Martínez; parcela 1023, da Comunidade Autónoma de Galicia; parcela 1021, de titular descoñecido; parcela 1020 de Manuel Rodríguez Rodríguez.

– Predio 2. Superficie: 0,84 ha. Está integrada por dúas parcelas illadas do polígono 503: A Barxela (parcela 930) e Igrexario (parcela 294).

Estremas da parcela 930 (A Barxela):

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 929, de Concepción Lorenzo Peaguada; parcela 926, de María Vicenta Andrade Conde; estrema tamén con camiño.

Estremas da parcela 294 (Igrexario):

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 296, de Aurelio López Pena; parcela 295 de Blasinda López Fernández; estrema tamén con camiño e estrada de Ganade a Calvos de Randín.

– Predio 3. Superficie: 105,56 ha.

Intégranse nel as parcelas 880, 1470, 1479, 1360, 1461, 1467, 1468, 1469 e 1463, que comezando polo extremo sito máis ao N e seguindo as agullas do reloxo, cos seguintes

Estremas:

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcelas 890, 889, 888, 887, 886, 885, 884, 883, de titular descoñecido; parcela 882 de Basilia Loureiro Fernández; parcela 881 de Fernando Javier Loureiro Antañón e outra; parcela 879 de María Rosa Rodríguez Rodríguez; parcela 878 de José Loureiro Salgado; parcela 1475 de Jaime Andrade Loureiro e outro; parcela 1476 de Juan Andrade Campos e outro; parcela 1477 de María Dafonte Galante; parcela 1478 de Concepción Andrade Gándara; parcela 1471 de Manuel Andrade Rodríguez; parcela 1472 de Edesio Andrade Salgado; parcela 1474 e 1359 da Comunidade Autónoma de Galicia; parcela 1358 de Edesio Méndez Fernández e outro; parcela 1357 de María José Loureiro Ballarín; parcela 1356 de Jaime Penín Andrade e outros; parcela 1354 de Manuel Rodríguez Gómez e outro; parcela 1353 de Pedro Peaguda Penín; parcela 1350 de Nelson Pérez Rodríguez; parcela 1466 da comunidade veciñal de Nocelo e por último, con límite do concello dos Blancos.

Ponse o anterior en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 8 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense