Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente RP-23/2012-OU-INC.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, ao abeiro do artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, terase por desistido da súa petición.

Ourense, 7 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: RP-23/2012-OU-INC.

Interesada: Rosa González Pumar.

Acto de notificación: acordo de admisión a trámite e proposta de terminación convencional do procedemento de responsabilidade patrimonial.