Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social (28/12 e 29/12).

Notifícanse, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral), o seu enderezo, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Xertigan, S.C. Galega.

Domicilio: Momán, Xermade.

NIF: F27343987.

Nº de expediente: 28/12.

Contía: 626 euros.

Disp. infrinxida: artigo 50.2 RDL 5/2000, do 4 de agosto.

Empresa: Xertigan, S.C. Galega.

Domicilio: Momán, Xermade.

NIF: F27343987.

Nº de expediente: 29/12.

Contía: 1.250 euros.

Disp. infrinxida: artigo 4.2.a) do ET.

Contra estas resolucións poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que de non ser iniciado este en tempo e forma deberá de aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 30 de outubro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo