Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/130).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62. Santiago de Compostela.

Denominación: mellora de electrificación en Prevediños.

Situación: Touro.

Características técnicas: paso aero-subterráneo MT.

Proxéctase a mellora da distribución eléctrica mediante a execución dun novo centro de transformación e seccionamento que se instalará no núcleo de Insua, alimentado mediante unha liña de media tensión subterránea en triple circuíto cunha lonxitude total de 57,5 m e un triple paso aero-subterráneo no apoio nº 18 da LMT Prevediños-Vilar (expte. 2011/197). No CTS Insua instalaranse as tres celas de protección de liña, unha para entrada e outra para saída de liña da LMT existente Prevediños-Vilar (expte. 2011/197) e outra para a saída da derivación Sanguiñedo (expte. 2001/402).

Executarase tamén a reforma da rede aérea de baixa tensión (expte. 7964-2) que alimenta os núcleos de Quintás e Insua. Estes núcleos pasarán a ser alimentados desde o novo CT que se instalará no núcleo de Insua (deslastrándoos desta maneira do CT Prevediños (expte. 2001/399), aproveitando o trazado da RBT existente, pero mellorando o ramal de inicio desde o citado CT Insua, substituíndo ao condutor existente por condutor RZ 3×95+54,6 mm2 nunha lonxitude de 536,9 m e reforzando dous apoios existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña