Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012276TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de outubro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012276TA-CO, incoado a Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L. o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012276TA-CO.

Interesada: Construcciones Petrolíferas Isla de Mar, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15961097.

Derradeiro enderezo coñecido: Centro Comercial Pontiñas, local B-33. Lalín.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35.b.2) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: 2.2; 7 u) e 19.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 € (seiscentos un euros).