Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2012 Páx. 44166

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas do programa correspondente ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Rematados os traballos da repartición do Fondo de Acción Social para o ano 2012, e de conformidade co establecido no punto 5 –procedemento– das condicións xerais da convocatoria de acción social do ano 2012 respecto dos criterios de repartición deste fondo para o exercicio 2012 entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ao cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 8 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 127, do 4 de xullo; unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 9 de setembro de 2012 pola que se aprobaban as listaxes provisionais (DOG nº 179, do 19 de setembro), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas do programa III (axuda discapacidades) correspondente ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes do programa III (axuda discapacidades) comunicaráselles persoalmente aos interesados.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 14, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza