Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico (AB-SER1-12-023).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-12-023.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de revisión e auditorías de arquitectura técnica nos desenvolvementos de aplicacións do Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72610000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 134, de data 13 de xullo de 2012.

Boletín Oficial del Estado nº 172, de data 19 de xullo de 2012.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2012/S, 128-212772, de data 6 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 616.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 257.000 euros. Importe total: 303.260 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2.10.2012.

b) Data de formalización do contrato: 25.10.2012.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 244.150 euros. Importe total: 295.421,50 euros.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos