Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento (AI-SER1-12-033).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 10.12.2012.

d) Número de expediente: AI-SER1-12-033.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/6.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2016.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50420000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

50

1. Proxecto de xestión do servizo

20

2. Recursos materiais para a prestación do servizo

20

3. Sistema de información para a xestión do mantemento

10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

50

1. Prezo total do contrato

50

4. Valor estimado do contrato: 68.758.599,4 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 28.010.104 euros. Importe total: 33.892.225,84 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: si. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Grupo P, subgrupo 4, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse cláusulas 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 10.12.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

b) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2.11.2012.

12. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos