Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59 e 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos interesados, requírense para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, e advírteselles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9).

A Coruña, 23 de outubro de 2012

Luis A. Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Caramés Moris, María Josefa

47387000P

537/X/12

Oleiros

Pasaporte, baixa consular, pensión arxentina e xustificar rendas

Desistido

Salgado Oro, Inés

32356067N

500/X/12

A Coruña

Padrón e DNI

Desistido

Vigo Rodríguez, Manuel

32709832Z

472/X/12

Valdoviño

Sentenza de incapacitación e convivencia

Desistido