Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 22 de novembro de 2012 Páx. 44105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2012/126).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTI e RBT Belir (Rodís-Cerceda).

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

Paso aéreo-subterráneo MT.

Tensión nominal: 20 kV.

Tipo: paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-15/400 da LMT Silva-Buzarelos (expediente 51983) no tramo entre a derivada ao CT Brazal (expediente 2000/474) e o CT Buzarelos (expediente 51983) (UTM: 537280; 4779984).

LMT subterránea a CTI Belir.

Inicio de liña (UTM): paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio s/n existente de tipo HV-15/400 da LMT Silva-Buzarelos (expediente 51983) no tramo entre a derivada ao CT Brazal (expediente 2001/474) e o CT Buzarelos (expediente 51983) (UTM: 537280; 4779984).

Final liña (UTM): paso aéreo-subterráneo que se realizará no apoio proxectado de tipo HVH-13/1600 onde se instalará o CT intemperie Belir proxectado (UTM: 537231; 4779992).

Lonxitude: 79 m. Categoría: terceira. Condutor: RHZ1-2OL-12/20 KV-3(1×95 Al). Tensión nominal: 20 kV.

CT intemperie Belir.

Tipo: intemperie sobre apoio de formigón. Potencia: 50 kVA. Relación de transformación: 20/0,4 kV.

RBT aérea de CTI Belir.

Orixe: CTI Belir proxectado. Lonxitude: 295 m. Condutores: RZ-0,6/1 KV-3×95 Al + 54.6 Alm.; RZ-0,6/1 KV-2×25 Al. Nº de circuítos: 1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña