Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario) 0004381/2012, interposto polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas contra a Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia remitiu á Consellería do Medio Rural e do Mar un oficio polo que lle ordenaba que se remitise o expediente administrativo e que efectuase o emprazamento para que poidan comparecer como demandados cantas persoas aparezan como interesadas no procedemento ordinario 0004381/2012, correspondente ao recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas contra a Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao Tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes