Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 21 de novembro de 2012 Páx. 43777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2008/0522-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde.

Faise saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Phixius Reformas, S.L.

Enderezo: r/ Serafín Avendaño, 12, entresollado 2. Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 2008/0522-4.

Acta de infracción: 11133/2008/4/H.

Data resolución da Dirección Xeral: 27 de setembro de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.1 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, e artigo 3.1 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo, en relación co punto 4.3 do anexo II.

Preceptos sancionadores: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 4.000 €.