Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro-A Coruña) para ser notificado, por comparecencia, da resolución dun recurso de alzada contra as bases definitivas da devandita zona.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a Manuel Caneda Míguez para ser notificado por comparecencia da resolución dun recurso de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Foxás-Bendaña (Touro-A Coruña).

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso contra as bases definitivas.

Acto notificado: Resolución do 27 de xullo de 2012.