Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2012 Páx. 43501

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de novembro de 2012, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 15 de novembro de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Indícanse qué postos de traballo constitúen unha excepción ao disposto no artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, polo que se procede a cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública os postos que a seguir se relacionan:

Código

Denominación

Motivación

CUC994010115001001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994020115001001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010115770001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994020115770001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010127001001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994030127001001

Director/a arquivo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994020127100001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010132001001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994020132001001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994030132001001

Director/a arquivo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994020132680001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010136001001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994030136001001

Director/a arquivo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010136040001

Director/a museo

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

CUC994010136560001

Director/a biblioteca

Carácter directivo. Especial responsabilidade.

Terceiro. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de novembro de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file