Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (600/2012 M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña fago saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 600/2012 por instancia de Sheila María Breijo Clavo contra Promotora Rocanor, S.L. e Peluquería Estética Glamour, S.L. e Fogasa sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido:

1º Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Sheila María Breijo Clavo contra a entidade Promotora Rocanor, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto en data do 16 de abril de 2012, e condeno a empresa demandada, Promotora Rocanor, S.L., a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización por despedimento na contía de 3.219,89 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

En caso de que a empresa opte pola readmisión, deberá aboar, ademais, á demandante os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza que declare a improcedencia ou ata que a demandante tivese encontrado outro emprego, se tal colocación fose anterior á dita sentenza e probase o empresario o percibido, para o seu desconto dos salarios de tramitación.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a readmisión.

2º Que desestimo a demanda en materia de despedimento que foi interposta por Sheila María Breijo Clavo contra a entidade Peluquería Estética Glamour, e absolvo a demandada das peticións articuladas na súa contra.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Promotora Rocanor, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial