Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/343-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/343-1.

Acta inf.: I152012000052911.

Empresa: Puertas Ramón Rama, S.L.

NIF: B15215254.

Enderezo: polígono industrial de Bértoa, parcela C6, 15105 Carballo.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e artigos 59 e 60 do Convenio colectivo estatal de industrias da madeira.

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.6 e 40.1.b) do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 10.10.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Puertas Ramón Rama, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

A Coruña, 29 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña