Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: avenida do Parque,11, apdo. 6, 36540 Silleda.
Denominación: modificación CT Paredes Viejo.
Situación: Silleda.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 40 metros de lonxitude con orixe na LMT Escuadro-Fontefría, que dá servizo ao CT actual que se vai desmontar, e final no novo CT proxectado Paredes Viejo. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Paredes, Escuadro, Silleda. Tramo de rede de BT de 40 metros para conexión coa RBT existente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 11 de outubro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra