Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43357

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 426/2012 interposto por Luis Alberto Pérez Estévez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 426/2012, interposto por Luis Alberto Pérez Estévez, contra a Orde do 27 de xuño de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública