Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-154/12 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida Habana, 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 5 de novembro de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-154/12.

NIF: 36145787-E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Miguel de Cervantes, 16, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical.

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Sanción: 480.

Número de expediente: OU-E-166/12.

NIF: 76716715-P.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Sanción: 300.

Número de expediente: OU-E-199/12.

NIF: 76716715-P.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Sanción: 300.