Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete á información pública a solicitude de autorización ambiental integrada pola modificación substancial dunha explotación avícola de galiñas poñedoras, situada no lugar de Vilaguillulfe-Cartelos, no concello de Carballedo (Lugo) (autorización ambiental integrada: 2006/0401_NAA/IPPC_096, clave 2012-IPPC-M-87).

Con data do 10 de abril de 2008 concedéuselle a Alberto Vázquez Vázquez a autorización ambiental integrada 2006/0401_NAA/IPPC_096 para una explotación avícola de galiñas poñedoras, situada no lugar de Vilaguillulfe-Cartelos, no concello de Carballedo (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 10 de la Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), Alberto Vázquez Vázquez comunicoulle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a pretensión de levar a cabo unha modificación da explotación avícola de referencia, consistente na ampliación das instalacións existentes pola construción dunha nova nave con capacidade para 118.800 galiñas poñedoras.

A modificación considerouse substancial. Este feito implica que para o seu desenvolvemento se debe obter unha nova autorización ambiental integrada, cuxo procedemento está regulado na citada Lei 16/2002.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo); no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles (contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio) quedará exposta en horas de atención ao público a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación referida no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes.

A documentación para expoñer será:

– O proxecto básico e o estudo de impacto ambiental por modificación substancial da explotación avícola de posta, propiedade de Alberto Vázquez Vázquez, Cartelos-Carballedo, Lugo.

– O proxecto para a ampliación de granxa de galiñas poñedoras.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rolda da Muralla 70, 27071 Lugo).

Concello de Carballedo (praza Vázquez Portomeñe s/n, A Barela, 27520 Carballedo-Lugo).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Nº de autorización ambiental integrada: 2006/0401_NAA/IPPC_096.

Clave do expediente de modificación substancial: 2012-IPPC-M-87.

Peticionario: Alberto Vázquez Vázquez.

Domicilio social da instalación: lugar Vilaguillulfe 3, Cartelos, 27527 Carballedo (Lugo).

Localización da modificación: a modificación prevista localizarase no mesmo núcleo de produción que as instalacións da explotación avícola existente, situada en Vilaguillulfe 3, Cartelos, Carballedo-Lugo. Un punto da súa localización é o definido polas seguintes coordenadas UTM: X: 594.135, Y: 4.713.759 (Datum ETRS89).

Actividade: posta de ovos.

Descrición da modificación: a explotación existente dispón na actualidade de dúas granxas de galiñas poñedoras cunha capacidade total de 90.320 aves, distribuídas en 30.800 galiñas poñedoras na granxa máis antiga (granxa 1) e 59.520 aves na nave máis recente (granxa 2). A nova granxa que se pretende construír (granxa 3) terá unhas dimensións de 113,23×22,08 metros, a cal albergará 118.800 galiñas poñedoras; tamén se construirá unha esterqueira cuberta de 900 m3 de capacidade.

A xestión da galiñaza producida na explotación farase a través da súa valorización como fertilizante órgano-mineral en parcelas agrícolas. No momento en que empece a funcionar a nova nave, o excedente de galiñaza será entregado a un xestor externo autorizado.

As augas residuais prodúcense principalmente como consecuencia da limpeza dos
aloxamentos con auga á presión, que se realiza cada catorce meses, incorporándose á fosa, xunto co resto das dexeccións.

A explotación existente dispón de aseos para os traballadores, xerando, polo tanto, unha vertedura de augas residuais fecais que se recolle nunha fosa séptica. A nave
proxectada non disporá de aseos nin de fosa séptica.

As naves actualmente construídas non dispoñen de ningún sistema de recollida de pluviais, polo que caen libremente incorporándose ás escorras xerais.