Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Alúmina Española, S.A. para a planta de alúmina localizada nos termos municipais de Cervo e Xove (Lugo) (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-94).

Con data do 21.4.2008 outorgouse a Alúmina Española, S.A. a autorización ambiental integrada en 2006/0184_NAA/IPPC_131 para a planta de alúmina localizada nos termos municipais de Cervo e Xove, da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 9.5.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Solicitude de renovación da autorización ambiental integrada. Proxecto básico. Alúmina Española, S.A. San Cibrao (Lugo). Revisión 01. Setembro 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n -15781 Santiago de Compostela).

• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Xefatura Territorial de Lugo (Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

• Concello de Cervo (praza do Concello, s/n, 27891 Cervo, Lugo).

• Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Cervo, Lugo).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental