Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (427/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 427/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Igor Mediavilla Echeverría contra a empresa Bart Pinchos y Tapas, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Igor Mediavilla Echeverría contra a empresa Bart Pinchos y Tapas, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Bart Pinchos y Tapas, S.L. a que lle aboe a Igor Mediavilla Echeverría a cantidade de 1.369,11 euros, incrementada no 10 % por mora salarial.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no caso da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Bart Pinchos y Tapas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

A secretaria xudicial