Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42951

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 446/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 446/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Rivera Diniz contra a empresa Nueva Despensa, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alberto Rivera Diniz, contra a empresa Nueva Despensa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Nueva Despensa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 586,04 € máis o 10 % de xuros por mora salarial. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Nueva Despensa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

A secretaria xudicial