Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 15 de novembro de 2012 Páx. 42906

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se publican as resolucións de declaración da denegación da solicitude nos expedientes de axudas instruídos ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

Por medio da Orde do 27 de decembro de 2011 establécense as bases e convócanse para o ano 2012 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, ao abeiro do artigo 27 do Regulamento (CE) número 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), encadradas na medida 122 do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013.

De acordo co punto 1º do artigo 10 da Orde de 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e prazo para interpolos.

Por outra banda, mediante a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012 (DOG nº 70, do 12 de abril), delegouse no secretario xeral do Medio Rural e Montes a competencia para denegar as solicitudes de axuda.

De acordo co exposto, o día 19 de outubro de 2012 o secretario xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar ditou a seguinte resolución de declaración da denegación das solicitudes das axudas presentadas polos interesados, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

Por todo o anterior, resolvo dar publicidade á dita resolución do secretario xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar do día 19 de outubro de 2012.

«Resolución de declaración de denegación das solicitudes das axudas presentadas polos interesados, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

Antecedentes:

– Unha vez levada a cabo a tramitación das solicitudes das axudas presentadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011, os servizos provinciais de Montes propuxeron a declaración da denegación daquelas solicitudes que incumprían os requisitos da orde de axudas.

Consideracións legais ou técnicas:

1. Na tramitación destes expedientes tivéronse en conta a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e a Orde de 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

2. A Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva, para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012, indica cales son os requisitos e as condicións para solicitar as axudas.

3. Segundo o artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na norma da convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez días, e indicaralle que se non o fixese se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá de ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por todo o exposto, vistas as disposicións legais citadas e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Declarar a denegación das solicitudes das axudas presentadas polos interesados referidos no anexo, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2011 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012.

As ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) Recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, consonte ao disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa».

O que se notifica para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente

NIF

Solicitante

Motivo

14150005/2012

XXXX2233D

María del Carmen Pallas Tuset

Non acada a superficie mínima de actuación

14150076/2012

XXXX9601E

María Teresa Santos Martínez

Non acada a superficie mínima de actuación

14150090/2012

XXXX7691E

Mª Luz Silva Veiga

O titular ten outro expediente no mesmo concello

14150191/2012

XXXX0082T

José López Fernández

Non acada a superficie mínima de actuación

14270023/2012

XXXX2497N

Manuela Gómez Calderón

Traballos xa feitos segundo a documentación presentada despois do requirimento de emenda

14270273/2012

XXXX1683V

Carlos Novoa Prado

Non acada a superficie mínima de actuación

14270320/2012

XXXX7182A

Miguel Ángel Crecente Paz

Requírese a documentación a Miguel A. Crecente e preséntaa a nome de Carmen Paz Millares

14270376/2012

XXXX46588

CMVMC Buixidoira e Trapa

O titular ten outro expediente: o 123/2012

14270507/2012

XXXX7314H

María Dolores Torres Blanco

Non acada a superficie mínima de actuación

14270508/2012

XXXX8899A

Sara Sánchez Torron

Non acada a superficie mínima de actuación

14270512/2012

XXXX3693M

Jesús Boan Méndez

O titular ten outro expediente: o 236/12

14270513/2012

XXXX4755K

Adolfo Penas Sánchez

Non acada a superficie mínima de actuación

14270547/2012

XXXX1652L

María Josefa Pedrouzo Castro

Non acada a superficie mínima de actuación

14270556/2012

XXXX0709Q

Jesús José Ríos Rubinos

Non acada a superficie mínima de actuación

14270559/2012

XXXX0373A

María Carmen Pérez Álvarez

Non acada a superficie mínima de actuación

14270578/2012

XXXX0000I

Deputación Provincial de Lugo

As actuacións que solicita non son permitidas pola orde: pide roza de coníferas e non pide ningunha poda

14270631/2012

XXXX5834H

María Luisa Vázquez Fernández

Non acada a superficie mínima de actuación

14270639/2012

XXXX33366

Agrupación Souto Rego da Brancha, Moreda

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270640/2012

XXXX33580

APP Monte A Valiña da Fonteira

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270641/2012

XXXX33648

Agrupación Regueiro das Cañotas

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270642/2012

XXXX33341

Agrupación Montes de Veiga

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270643/2012

XXXX33473

Agrupación da Petada, Eiriz

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270644/2012

XXXX33689

Agrupación Monte Forcón, Armesto

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270649/2012

XXXX3054M

José Manuel Fernández Álvarez

Solicita dous tipos de actuación: podas de coníferas e tratamento silvícola en masas de eucalipto

14270654/2012

XXXX33606

Agrupación As Taras de Mercurín

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270655/2012

XXXX33358

Agrupación Rego do Arroxo da Aiga

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270656/2012

XXXX33598

Agrupación O Castrín

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270657/2012

XXXX33069

Agrupación Becerral

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270658/2012

XXXX33374

Agrupación Dofial

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270660/2012

XXXX33457

Agrupación Montes Agranda

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270661/2012

XXXX33465

Agrupación Río de Donsal-Casares

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270663/2012

XXXX33671

Agrupación O Val da Costa

Coa documentación que consta no expediente presentada coa declaración xurada dedúcese que a agrupación non estaba legalmente constituída antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes

14270684/2012

XXXX3948C

Alfonso Casanova Casado

Non acada a superficie mínima de actuación

14320002/2012

XXXX56531

CMVMC Calvelo e Xocín

Monte con convenio ou consorcio (actuacións na superficie consorciada)

14320019/2012

XXXX54254

CMVMC de Porqueirós

Duplicidade do expediente

14320023/2012

XXXX40996

CMVMC Leboreiron

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320056/2012

XXXX96782

CMVMC Montes de Padrenda

Subvencionado en anos anteriores

14320057/2012

XXXX26524

CMVMC Antasportas, A Vesada, As Costiñas e Feas

Duplicidade do expediente

14320068/2012

XXXX24917

CMVMC Picouto, Abeleda, Torrente, Veiga

Monte con convenio ou consorcio (actuacións na superficie consorciada)

14320111/2012

XXXX43735

CMVMC Cardelle

O titular ten outro expediente no mesmo concello

14320116/2012

XXXX85282

CMVMC Serra do Quinxo-Lantemil

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320133/2012

XXXX0794C

Andrés González Estévez

Non acada a superficie mínima de actuación

14320146/2012

XXXX17184

CMVMC Serra de Quinxo Olelas

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320187/2012

XXXX02715

CMVMC de Pardeconde

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320225/2012

XXXX12656

Comunidad de Montes Sampaio

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320231/2012

XXXX20923

CMVMC de Berrande e Atrave

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14320233/2012

XXXX62596

CMVMC Farlanza

Montes superiores a 250 ha deben contar cun plan en que se recolla a realización dos traballos (monte > 250 ha sen plan de xestión)

14360014/2012

XXXX35418

CMVMC de Arén

Xunta reitora ou censo caducado ou non actualizado

14360028/2012

XXXX98065

CMVMC de San Martín de Figueroa

Non acada a superficie mínima de actuación

14360062/2012

XXXX41479

CMVMC de Parada

Xunta reitora ou censo caducado ou non actualizado

14360077/2012

XXXX75511

CMVMC de Saiáns

Non acada a superficie mínima de actuación

14360099/2012

XXXX48328

CMVMC de Lamas

Traballos non viables na inspección de campo

14360128/2012

XXXX88991

CMVMC de Praderrei

Xunta reitora ou censo caducado ou non actualizado

14360148/2012

XXXX16227

CMVMC de Anzo

Xunta reitora ou censo caducado ou non actualizado

14360235/2012

XXXX4951Q

Laura Vázquez Diéguez

Non acada a superficie mínima de actuación

14360261/2012

XXXX0169R

María Dolores Munoz Sánchez-Roa

O titular ten outro expediente no mesmo concello

14360271/2012

XXXX4383X

Julio César Flores González

Non acada a superficie mínima de actuación