Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (209/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 209/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sesar Segade contra a empresa Grial Libros, S.L., Aula Noroeste, S.L., Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Abraxas Aula 25, S.L., Germán Pérez Rubín, Grace Antonia Nouel Brache, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Marta Sesar Segade fronte ás mercantís Grial Libros, S.L., Nouche Brache, Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Antonio Pérez Rubín, na súa condición de administrador concursal de Grial Libros, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante, efectuado con data do 26 de xaneiro de 2012 e condeno a Grial Libros, S.L. e Grace A. Nouel Brache a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 5.352 euros, en ambos os casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza por importe de 9.169,76 euros, así como os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 35,68 euros diarios. Absolvo o resto dos demandados das pretensións deducidas fronte a eles e condeno a Germán Antonio Pérez Rubín na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao desta notificación, segundo o previsto no artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, María del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Brache e Sálvora Areito, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial