Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 14 de novembro de 2012 Páx. 42801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se notifica acordo de iniciación de expediente de reintegro de subvención concedida no expediente TR352A 2008/596-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo acordo de iniciación de expediente de reintegro da subvención concedida mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 27 de agosto de 2008.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

Entidade: Aicos – Asociación de Inmigrantes da Comarca de Sarria.

Enderezo: rúa Matías López, 33-Casa Marqués. 27600 Sarria (Lugo).

Nº de expediente: TR352A 2008/596-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 13 de agosto de 2012.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2.a) da Orde do 19 de decembro de 2007, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2008, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria; artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que se reintegra: 18.031,80 euros.