Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre construción de explotación gandeira de vacún de leite que se instalará no Preguecido (Aguións).

José Manuel Iglesias López solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de construción de explotación gandeira de vacún de leite que se instalará no Preguecido, Aguións. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

A Estrada, 16 de outubro de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente