Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de centro de transformación de 400 kVA na Brea.

Alimentos Ruta Xacobea, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a instalación de centro de transformación de 400 kVA na Brea, Cerceda, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 18 de outubro de 2012

Manuel Taboada Vigo
Alcalde