Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Granitos San José, S.L. o requirimento de documentación no expediente de solicitude de concesión de explotación denominada Pe da Múa número 3.058, e do expediente de ocupación temporal denominado Carballa número 2.886.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícanselle á empresa Granitos San José, S.L., requirimentos de documentación precisos para continuar coa tramitación dos expedientes sinalados.

Comunícase que os expedientes están á súa disposición, no prazo de 15 días, en horario de 9.00 a 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 29 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra