Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 230/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I ao proxecto LMT alimentación ao aeroporto de Lavacolla.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, alimentación principal a 20 kV, cunha lonxitude de 13,055 km, coa orixe na subestación de San Caetano, condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento nº 1 da Lavacolla.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, enlace a LMTA Lavacolla-Aeroclub da SCY-832, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,645 km, coa orixe en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento nº 2 da Lavacolla, condutor tipo RHZ1 e final en paso aero-subterráneo en apoio que se intercalará na liña enlace Lavacolla-Aeroclub.

Liña eléctrica de media tensión aérea, no lugar de Amio a 20 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en apoio proxectado, condutor tipo LA-110/116,2 mm2, e final en apoio proxectado unha vez salvada a ponte actual sobre a AP-9 en Amio.

Liña eléctrica de media tensión aérea, enlace LMTA Lavacolla-Aeroclub da SCY-832, a 20 kV, cunha lonxitude 0,158 km, coa orixe en apoio metálico que se intercalará na LMTA Lavacolla-Aeroclub, condutor LA-56/54,6 mm² e final en apoio metálico existente na mesma liña, actual derivación ao C.T. Aeroclub (expediente 27954).

Centro de seccionamento e transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña