Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Magnesitas del Rubián, S.A. para as instalacións que posúe no concello do Incio (Lugo), clave M: 2012/IPPC/M/116.

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Magnesitas del Rubián, S.A. posúe no concello do Incio (Lugo), a fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que coide convenientes. A documentación que se expón será:

«Documento técnico para a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Magnesitas del Rubián, S.A. no Incio (Lugo)».

O antedito documento estará ao dispor dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

– Concello do Incio (praza de España s/n, 27356 O Incio, Lugo).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental