Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de convocatoria para a concesión da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e da rede de sumidoiros.

De conformidade co acordo adoptado polo Pleno Municipal en sesión do día 26 de setembro de 2012, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria para a concesión da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e da rede de sumidoiros do Concello de Maside, mediante procedemento aberto con varios criterios de adxudicación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Maside.

a) Organismo: público.

2. Obtención de documentación e información.

– Concello de Maside, praza Maior, 1, 32570 Maside.

– Teléfono: 988 28 06 06; fax: 988 28 06 84.

– Correo electrónico: intervencion.maside@eidolocal.es

– No BOP e no DOG, así como no perfil de contratante da Deputación de Ourense onde estarán os pregos de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas (www.depourense.es); (perfil de contratante).

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: concesión da xestión de abastecemento de auga e rede de sumidoiros.

b) Descrición do obxecto: concesión da xestión do servizo municipal de abastecemento de auga potable e da rede de sumidoiros do Concello de Maside por un período de 25 anos.

4. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, pleno municipal.

b) Procedemento: procedemento aberto con varios criterios de adxudicación.

5. Garantías exixidas: provisional: non se establece; definitiva: 5 %.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

– Data límite de presentación: 20 dias naturais desde a última publicación ben no BOP ou no DOG.

– Lugar de presentación: praza Maior, nº 1, 32570 Maside (Ourense).

8. Apertura de ofertas: aos doce días naturais do remate de presentación de ofertas, na sala de plenos ás 12.00 horas.

9. Gastos de publicidade e tramitación: por conta do adxudicatario.

Maside, 6 de novembro de 2012

Celso Fernández López
Alcalde