Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Ribadeo, Friol, Viveiro e Lugo.

Ás 11.30 horas do día 11 de decembro de 2012 celebrarase no salón de actos do edificio administrativo situado na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos que foi acordado o seu alleamento polas ordes da Consellería de Facenda do 22 de maio e do 10 de setembro de 2012.

1. Urbano. Terreo sito na vila de Ribadeo, concello do mesmo nome, na rúa Casa do Pobo, nº 4. Linda: pola súa fronte coa dita rúa, o tamén chamado camiño A Lodeira; polas costas, labradío de Francisco Díaz Braña; pola dereita, entrando, con casa de Joaquín López; e pola esquerda, con labradío de José Díaz Braña.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo como predio nº 10.237, tomo 313, libro 135 e folio 161 e 162. Referencia catastral: 8227028PJ5282N0001QD.

Tipo de licitación: 60.403,75 euros.

2. Parcela nº 57 do polígono 86, Vilarmeá I, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, herdeiros de Generosa Saavedra; oeste, herdeiros de Generosa Saavedra.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.267, tomo 1.029, libro 53 e folio 150. Referencia catastral: 27020A086000570000BB.

Tipo de licitación: 468,08 euros.

3. Parcela nº 59 do polígono 86, Vilarmeá II, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, Purificación Fernández García e herdeiros de Generosa Saavedra; oeste, herdeiros de Generosa Saavedra.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.268, tomo 1.029, libro 53 e folio 151. Referencia catastral: 27020A086000590000BG.

Tipo de licitación: 468,08 euros.

4. Parcela nº 60 do polígono 86, Vilarmeá III, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 3 áreas e 84 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, predio dun veciño de Trasmonte que corresponde á parcela catastral 64 do polígono 86; oeste, Purificación Fernández García.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.269, tomo 1.029, libro 53 e folio 152. Referencia catastral: 27020A086000600000BB.

Tipo de licitación: 416,07 euros.

5. Parcela nº 202 do polígono 247, Torna, situada na parroquia de Bra (San Martiño) en Friol, tamén coñecida como Lousado, prado dunha superficie de 5 áreas e 76 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, José Cabo Campo; sur, camiño de servizo e outros predios; leste, Carmen Pereira Corredoira; oeste, Carmen Pereira Corredoira.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.270, tomo 1.029, libro 53 e folio 153. Referencia catastral: 27020A247002020000GX.

Tipo de licitación: 319,23 euros.

6. Parcela nº 194 do polígono 247, Torna, situada na parroquia de Bra (San Martiño) en Friol, tamén coñecida como Lousado, prado dunha superficie de 6 áreas e 24 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, Jacinto Lourés Vig; sur, José Fernández Devesa e herdeiros de Generosa Saavedra; leste, Jacinto Lourés Vig; oeste, herdeiros de Generosa Saavedra.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.271, tomo 1.029, libro 53 e folio 154. Referencia catastral: 27020A247001940000GT.

Tipo de licitación: 345,83 euros.

7. Parcela nº 95 do polígono 241, Pena Trepe, situada no lugar coñecido como Campo da Seara en Friol, prado dunha superficie de 6 áreas e 72 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, Obdulia Cabo e José Sancosmed Saavedra; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, Fe Vigo; oeste, María Devesa Iglesias.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.273, tomo 1.029, libro 53 e folio 156. Referencia catastral: 27020A241000950000GS.

Tipo de licitación: 372,43 euros.

8. Parcela nº 315 do polígono 247, Penas Lebres, situada no lugar coñecido como Muíño do Capitán en Friol, pedregal a matogueira dunha superficie de 1 hectárea, 21 áreas e 44 centiáreas aproximadamente. Linda: norte, coas parcelas catastrais nº 313 e 314 do polígono 247 que figuran a nome de Generosa Fernández Zas e con camiño veciñal; sur, coa parcela catastral nº 325 que figura a nome de Antonio Fraga Peteiro e coas parcelas nº 317 e 318 que figuran a nome de Jesús Cabo Campo; leste, coas mesmas parcelas nº 313, 314 e 325; oeste, coas mesmas parcelas 318, 317 e, en parte, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.274, tomo 1.029, libro 53 e folio 157. Referencia catastral: 27020A247003150000GQ.

Tipo de licitación: 4.296,88 euros.

9. Inmoble situado na rúa dos Foles nº 20 do concello de Viveiro, dunha superficie de 651 m2 que linda: norte, Francisco José Santiago García; sur, José Abad Salgueiro; leste, camiño municipal río Flores; oeste, estrada de situación C-642 de Ribadeo a Ferrol, rúa dos Foles. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 828, libro 326, folio 50, predio 33.093. Referencia catastral: 3659403PJ1335N0002EW.

Tipo de licitación: 141.370,32 euros.

10. Parcela B-3 do sector sur K de Lugo duns 1.220,25 m2. Linda: norte, B (10-A); sur, B-4; leste, ZV-3; oeste, límite do Sector Sur-K. Referencia catastral: 8618713PH1681N0001BU.

Servidumes: non ten.

Edificabilidade computable: 5.647,99 m2.

Cargas: as da urbanización do sector sur-K.

Coeficiente de cargas de urbanización: 0,01691577 (pendente de liquidación dos gastos de urbanización da xunta de compensación).

Cota de participación: 0,01522419.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo como predio nº 111.954, tomo 1.695, libro 1.256 e folio 162.

Tipo de licitación: 2.795.755,05 euros.

Os lotes poxaranse independentes, e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda