Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 12 de novembro de 2012 Páx. 42345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 16-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17692

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79970000-4. Servizos de edición.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de xuño de 2012.

Boletín Oficial del Estado: 11 de xullo de 2012.

Diario Oficial de Galicia: 19 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.192.379,66 €, incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 596.189,83 €.

IVE (18 %): 107.314,17 €.

Importe total: 703.504,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

– Ano 2012: 175.876,00 €.

– Ano 2013: 527.628,00 €.

6. Declaración de deserto.

a) Órgano de aprobación: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Data de aprobación: 23 de outubro de 2012.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza