Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a formación regrada e cursos de mergullo profesional de tipo extractivo, cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, programa operativo FSE Galicia 2007/2013, eixo 3, tema prioritario 72( expediente 23/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a formación regrada e cursos de mergullo profesional de tipo extractivo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17645

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 19 de xullo de 2012.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 198.975,50 €; importe total: 198.975,50 € (IVE exento).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de setembro de 2012.

b) Adxudicataria: Empresa Trames, S.L.U. (CIF B-36486652).

c) Importe: 197.375,50 € (IVE exento).

d) Data de formalización do contrato: 1.10.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única oferta presentada á licitación.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar