Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de outubro de 2012 pola que se notifica á empresa Satdata, S.L. a resolución definitiva, emitida polo órgano de contratación da Consellería de Traballo e Benestar o día 15 de outubro de 2012, por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/2008).

O órgano de contratación da Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral Técnica, emitiu o día 15 de outubro de 2012 a resolución definitiva pola que se impoñen penalidades e se lle reclama solidariamente á empresa Satdata, S.L. o pagamento de indemnización polos servizos non prestados e a imposición de penalidades por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para Persoas con Discapacidade e/ou Dependentes (CP 86/08), nas contías reflectidas na resolución, con base nos feitos e razóns expostos.

Mediante burofax intentouse, por dúas veces en distintos días e horas, a primeira o día 17.10.2012 e a 2ª notificación o día 18.10.2012, a transmisión do contido completo da resolución definitiva.

De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación da resolución por medio desta cédula que, pola súa vez, será exposta no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

Por medio desta cédula e de conformidade co disposto no artigo 61 da referida Lei 30/1992 cítase a empresa Satdata, S.L. para que compareza, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de recoller a devandita Resolución do 15 de outubro de 2012.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar