Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de outubro de 2012, da zona sur do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Mariscos Malliño, S.L. de nova concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Tragove para a construción dunha nave con destino a depuradora de moluscos e centro de expedición (expediente 13-36-12-C1).

Asunción Caamaño Martínez solicita, en nome e representación da empresa Mariscos Malliño, S.L., a concesión administrativa de ocupación dunha parcela de terreos de dominio público portuario do porto de Tragove (Cambados) para a construción dunha nave con destino a depuradora de moluscos e centro de expedición, segundo o proxecto básico redactado en xullo de 2012 polo enxeñeiro industrial Fernando García-Pintos Escuder.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE número 253, do 20 de outubro de 2011), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 16 de outubro de 2012

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da zona sur de Portos de Galicia