Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 27 de setembro de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente PO-13-04-12-01 e un máis), modificada pola súa vez mediante Resolución do 22 de outubro de 2012.

No punto 5.b) da Resolución do 27 de setembro de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 194, do 10 de outubro de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente PO-13-04-12-01 e un máis), modificada pola súa vez mediante Resolución do 22 de outubro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 206, do 29 de outubro de 2012, disponse que os pregos e os cadros de características de cada contrato (CCC) se poderán obter no perfil de contratante.

Con data do 5 de novembro de 2012, apróbase unha modificación que afecta o contido do CCC que rexerá a licitación das obras do dique aboiante para o abrigo do porto do Xufre (A Illa de Arousa-Pontevedra), con clave PO-13-04-12-01, descritas no apartado 2.A) da devandita Resolución do 27 de setembro de 2012.

A modificación aprobada afecta o contido dos puntos 7 e 10 do devandito CCC, deixando sen efecto o disposto neses puntos e aprobando unha nova redacción do CCC, segundo a que no punto 7 do CCC, relativo á admisibilidade de variantes ou melloras, onde se indicaba que «Non se admite a súa presentación neste procedemento», modifícase, dispoñendo que «Si se admite a súa presentación neste procedemento», e, respecto do punto 10 do CCC, referido á porcentaxe relativa á presunción de temeridade de ofertas, onde se indicaba que o valor do parámetro Z era de 3, tamén resulta modificado, pasando a ser 5 o valor do devandito parámetro Z.

Sobre a base desa modificación, cómpre efectuar as seguintes correccións no contido do anuncio de licitación:

– Na páxina 38943, nas referencias que se fan nos puntos 7.e) e 7.g) ao PCAP e ao CCC, respecto das obras do dique aboiante para o abrigo do porto do Xufre, deberá terse en conta o disposto nos puntos 7 e 10 do CCC das devanditas obras, na súa nova redacción aprobada mediante Resolución do 5 de novembro de 2012.

– Obtención de información e da documentación modificada:

1) Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 881 88 16 45.

2) Perfil de contratante: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=18050

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar as obras de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia