Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 22 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se notifica a resolución que declara a denegación da subvención solicitada por Baby World Creaciones Infantiles, S.L. correspondente ao expediente IN515B-2012-026.

O 24 de setembro de 2012, o secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria, por delegación do conselleiro, ditou resolución pola que se denega a subvención solicitada por Baby World Creaciones Infantiles, S.L., ao abeiro da Orde do 29 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil. Visión 2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, correspondente ao expediente IN515B-2012-026.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica no último enderezo coñecido para os efectos de notificación, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselle a resolución antes referida a Joao Filipe de Freitas Martins, en nome e representación de Baby World Creaciones Infantiles, S.L.

O interesado pode recoller a correspondente notificación mediante comparecencia nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5º, 3º andar), no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña no prazo de dous meses contados desde as mesmas datas antes sinaladas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

P.V. (Decreto 324/2009; DOG núm. 117)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria