Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 180/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT A Devesa-Feros.

Situación: Teo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,396 km, con orixe e remate na LMTS SNT-803 entre o CT Feros (expediente IN407A 2/2002) e o CT Devesa-Sur (expediente IN407A 319/2007) unha vez que entre e saia do CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Nova rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,302 km, e condutor RZ, en apoios de formigón con orixe no CT proxectado.

Rede soterrada de baixa tensión de 0,020 km, en condutor XZ1, coa orixe no CT proxectado e remate na actual rede de BT.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 180/12. Concello: Teo. Provincia: A Coruña.

LMTS, CTC e RBT A Devesa-Feros.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Afeccións CT

m2

1

Devesa

Prado

Jesús García Rivas

Lg. Cacheiras, nº 18, 15883 Teo, A Coruña

CT + beirarrúas + poste BT+ acceso + canaliz. subterr.

29.0