Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Feiraco, S.C.G. para a planta de fabricación de pensos compostos e de transformación de leite e derivados, situada no concello de Ames (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-102).

O 24 de abril de 2008 outorgouse a Feiraco, S.C.G. a autorización ambiental integrada nº 2007/0059_NAA/IPPC_115 para a planta de fabricación de pensos compostos e de transformación de leite e derivados, situada no concello de Ames (A Coruña), da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular (30 de abril de 2008).

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Informe de renovación da autorización ambiental integrada. Informe nº: 36/15/M09/1/000281. Data: 2 de setembro de 2012.

– Informe de renovación da autorización ambiental integrada (resumo non técnico). Informe nº: 36/15/M09/1/000281. Data: 2 de setembro de 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Xefatura Territorial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Ames (praza do Concello, 2, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental