Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41737

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012, pola que se anula a Resolución do 13 de xuño de 2012 (BOE do 25 de xuño) que convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Feitos.

1. Con data do 10 de xullo de 2012 recíbese na Universidade de Santiago de Compostela requirimento da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas contra a Resolución do 13 de xuño de 2012, por vulneración da taxa de reposición de efectivos establecida na Lei 2/2012, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012.

2. Formuladas alegacións ao requirimento con data do 30 de xullo de 2012, e logo de dar trámite de alegacións ás persoas que presentaron solicitude para participar no concurso das prazas, por Resolución do 20 de agosto de 2012 suspendeuse cautelarmente a convocatoria.w

3. Desestimadas, con data do 14 de setembro de 2012, as alegacións realizadas pola Universidade, por Resolución do 17 de setembro de 2012 estimouse o requirimento efectuado contra a convocatoria realizada por Resolución do 13 de xuño de 2012, e declarouse a súa anulabilidade por ser contraria ao artigo 23 da Lei 2/2012, de orzamentos xerais do Estado.

Fundamento xurídico.

Único. Estimado o requirimento efectuado pola Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas contra a convocatoria realizada pola Resolución do 13 de xuño de 2012 por ser contraria ao artigo 23 da Lei 2/2012, de orzamentos xerais do Estado, debe procederse á publicación da súa anulación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Por todo o anterior, esta reitoría resolve:

1. Publicar a anulación da Resolución do 13 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, deixándoa sen efecto.

2. Que o Servizo de Planificación de PDI realice os tramites necesarios para a devolución das cantidades aboadas en concepto de dereitos de exame ás persoas participantes no concurso.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela