Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (898/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 898/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre prestacións, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reintegro de prestacións 898/2010, en que foi demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrado Sr. Blanco Arce, e demandados a empresa Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L., así como o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L., así como contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L. no aboamento das prestacións de incapacidade temporal e dos gastos de asistencia sanitaria satisfeitos ao traballador José Pozo García por accidentes de traballo, así como a subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, como fondo de garantía de accidentes de traballo, no concreto suposto de insolvencia declarada da empresa, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como fondo de reaseguro, e condeno a empresa Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L. ao aboamento á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo da cantidade de 403,53 euros, con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Hierros y Aluminios Pepe de Luisa, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial