Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica resolución xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado pola interesada, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse demanda perante o xulgado do social, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto na letra s) do artigo 2 e no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 11 de outubro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nome e apelidos: Herminia Carmen Senra Senra.

DNI: 39456799T.

Número de expediente: 36/0000727-J/11.

Notificación: resolución de caducidade.

Motivo: non presentar a documentación requirida.