En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 do anexo I das bases reguladoras da Resolución do 25 de xuño de 2012, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012, procédese á publicación das subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.
Norma reguladora: Resolución do 25 de xuño de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega e se convocan para o ano 2012 (DOG nº 123, do 28 de xuño).
Esta actuación está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do Programa operativo Galicia 2007-2013, e está encadrada no eixe 2, tema prioritario 70, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %.
Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012.
Crédito orzamentario: 307.859,88 €.
Entidades beneficiarias da subvención concedida con contía igual ou superior a 3.000 € e importe da subvención concedida a cada unha delas en euros que figuran no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012
J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Expediente |
Entidade |
Importe |
P910A 2012/36 |
Aempe (Asociación Empresarios Pequena e Mediana Empresa) |
5.580,00 € |
P910A 2012/8 |
Apetamcor (Asociación Empresarios Transportes de Mercadorías por Estrada) |
4.310,00 € |
P910A 2012/37 |
Asociación Centros Homologados |
101.250,00 € |
P910A 2012/28 |
Asociación Comerciantes, Empresarios Centro Comercial Aberto Ourense |
6.850,00 € |
P910A 2012/4 |
Asociación Mares Galicia |
7.530,00 € |
P910A 2012/24 |
Azo (Asociación Galega Apoio ao Desenvolvemento do Inmigrante e Emigrante Retornado) |
5.948,70 € |
P910A 2012/9 |
Confederación Empresarial de Ourense |
7.530,00 € |
P910A 2012/31 |
Federación Inprogress |
59.274,05 € |
P910A 2012/2 |
Fesan (Fundación de Estudios e Análises) |
5.580,00 € |