Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1400/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Antonio León Fernández contra Mutua Universal Mugenat, Instituto Nacional da Seguridade Social, Galiza Norte Empresa Constructora, S.L. e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre incapacidade permanente, rexistrado co número 1400/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade permanente 1400/2009, en que foi demandante Antonio León Fernández, representado polo letrado Sr. Baquero Cardeñoso, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, a Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Universal Mugenat, coa representación da letrada Sra. Peláez Sabell, e a empresa Galiza Norte Empresa Constructora, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Antonio León Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como contra a Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Universal Mugenat e a empresa Galiza Norte Empresa Constructora, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra relativas a este procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Galiza Norte Empresa Constructora, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial